981860401
obras@concelloderianxo.gal
Concellería de Obras e Servizos Municipais
A empresa Obras Gallaecia SL iniciou esta semana as obras para a instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo. Foi adxudicada por un importe de 55.465,09 € e ten un prazo de execución de 3 meses. Forma parte do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo e dará servizo a tres andares da antiga edificación que albergará servizos municipais e o Instituto Social da Mariña. Resolve, neste senso, os problemas de accesibilidade que afectaba aos centos de beneficiarios/as e afiliados/as do mar que tiñan o seu centro de referencia de atención nestas oficinas.
A obra contempla un ascensor exterior independente para acceder a cada unha das plantas do edificio.