Obras e servizos

- Licitación da obra de saneamento en Pousada, 1ª fase - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Licitación da obra de saneamento en Pousada, 1ª fase

O Concello de Rianxo vén de abrir o proceso de licitación da obra de Saneamento de Pousada 1ª fase, na parroquia do Araño.

O proxecto base de licitación está estimado en 222.357,39 euros, e rematará na presentación de propostas o día 29 de xuño, tras a que se celebrará a correspondente mesa de contratación.

O proxecto prevé conectar á rede xeral do Concello no Carballal, previo cruzamento da estrada autonómica AC305, un total de 25 vivendas do núcleo en caída sen empregar ningún pozo de bombeo. Unha actuación previa nesta estrada antes da construción das beirarrúas do Araño favorece este cruzamento.

Tras acometer as obras, o proxecto recolle a reposición en asfalto quente de todo o pavimento por onde discorre a obra. O prazo que se lles da ás empresas para actuar é de catro meses, unha vez sexa adxudicado.

Este proxecto demorou por ter que buscar permisos para transitar por terreos particulares alternativos para realizar o enlace coa estrada no punto máis axeitado.

Este proxecto forma parte do Plan Único da Deputación Provincial da Coruña-Concello de Rianxo.