Obras e servizos

- O Concello de Rianxo xestiona unha Subvención na Deputación Da Coruña para a pavimentación e instalación dunha rede de pluviais na rúa Irmáns Ínsua - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

O Concello de Rianxo xestiona unha Subvención na Deputación Da Coruña para a pavimentación e instalación dunha rede de pluviais na rúa Irmáns Ínsua

A rúa Irmáns Ínsua de Rianxo pola súa pendente presenta moitos problemas en época de chuvias pola falta da rede de pluviais. Estes acaban desembocando libres nunha rúa de competencia provincial como é a rúa Rinlo, tamén na propia Irmáns Ínsua, producindo anegamentos en baixos e chamadas de negocios ou garaxes particulares das citadas rúas pola escorrentía que se produce nesta zona.

Tamén faise preciso mellorar o estado actual do pavimento, xa moi degradado e solucionar o problema das chuvias ao longo de todo o trazado, nesta rúa moi transitada onde se sitúa tamén a entrada ao parking municipal. O proxecto presentado por importe de 76.588,14 €, resolve principalmente os problemas de pluviais desta rúa urbana, mellorando o tránsito pedestre e dando un novo firme a un espazo moi sometido ao tráfico de vehículos pola existencia de supermercados, farmacia, cuartel da Guardia Civil, entre outros.
Faise urxente e inaprazábel pola degradación actual do firme, a situación dos garaxes da Urbanización Virxe de Guadalupe e do resto dos inmobles da rúa. A actuación a realizar con este proxecto vai desde a rúa Rinlo até o entronque coa rúa Arcos Moldes.

A Deputación Provincial da Coruña dará unha axuda económica equivalente ao 80 % (61.270,52 €) do valor total total (76.588,14 €), sendo achega municipal o restante 20%, por 15.317,62 €), para executar a mencionada actuación. Prevese inicie o concello da actuación nos primeiros meses do ano 2017.