981860401
obras@concelloderianxo.gal
Concellería de Obras e Servizos Municipais
A corporación municipal de Rianxo, na sesión celebrada o mércores 9 de febreiro, aprobou por unanimidade a relación de proxectos presentada polo equipo de goberno para incluír na relación do Plan Único da Deputación para o 2022. As propostas de Rianxo suman un total de 305.885,76 ás que se engaden dous proxectos no Plan Complementario pendente de novas achegas por valor de 275,260,79.
A diferenza doutros anos, este plan non implicará a incorporación de facturas atrasadas que foron xa pagadas nin se acode a un novo préstamo provincial. Decidiuse prescindir de incluír obras en pistas pois abordaranse con traballo da propia brigada de obras e noutros plans.
PROXECTOS INCLUÍDOS
Total: 305.885,76
PLAN COMPLEMENTARIO
Total: 275.260,79
POS ADICIONAL GASTO SOCIAL
Total gasto social: 72,942,58
Toma de posesión do novo Concelleiro do BNG
Na mesma sesión tomou posesión co Sempre en Galiza de Castelao o novo concelleiro Xosé Vázquez González que prometeu o seu cargo e pasará ter nos vindeiros días responsabilidades de goberno. O conxunto da corporación aplaudiu a súa incorporación e aproveitaron as súas intervencións para desexarlle sorte na nova andaina.