Obras e servizos

- O Pleno aproba por unanimidade os proxectos do Plan de Obras e Servizos 2022 - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

O Pleno aproba por unanimidade os proxectos do Plan de Obras e Servizos 2022

A corporación municipal de Rianxo, na sesión celebrada o mércores 9 de febreiro, aprobou por unanimidade a relación de proxectos presentada polo equipo de goberno para incluír na relación do Plan Único da Deputación para o 2022. As propostas de Rianxo suman un total de 305.885,76 ás que se engaden dous proxectos no Plan Complementario pendente de novas achegas por valor de 275,260,79.

A diferenza doutros anos, este plan non implicará a incorporación de facturas atrasadas que foron xa pagadas nin se acode a un novo préstamo provincial. Decidiuse prescindir de incluír obras en pistas pois abordaranse con traballo da propia brigada de obras e noutros plans.

PROXECTOS INCLUÍDOS

  • Cambio de cuberta do pavillón polideportivo de Rianxo: 171.432,87
  • Renovación instalación eléctrica edifico Liceo: 38.749,94
  • Acondicionamento mobiliario segundo Bloque Vivendas Mestres: 22.983,71
  • Primeira fase cambio luminarias Paseo Marítimo Setefogas-Rinlo: 31,626,31
  • Redución gasto corrente: 36.974,47
  • Achega municipal adicional: 4.118,46

Total: 305.885,76

PLAN COMPLEMENTARIO

  • Dotación Rede abastecemento e saneamento de Vilas: 168.420,21
  • Ampliación abastecemento de Taragoña (Fachán, Chorente A Coviña): 106.840,58

Total: 275.260,79

POS ADICIONAL GASTO SOCIAL

  • Persoal técnico apoio servizos Socias, 42.273,70
  • Axuda a domicilio: 30.658,88

Total gasto social: 72,942,58

Toma de posesión do novo Concelleiro do BNG

Na mesma sesión tomou posesión co Sempre en Galiza de Castelao o novo concelleiro Xosé Vázquez González que prometeu o seu cargo e pasará ter nos vindeiros días responsabilidades de goberno. O conxunto da corporación aplaudiu a súa incorporación e aproveitaron as súas intervencións para desexarlle sorte na nova andaina.