981860401
obras@concelloderianxo.gal
Concellería de Obras e Servizos Municipais
Deron comezo as obras para a dotación de redes de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia de Isorna.
O proxecto adxudicóuselle á empresa Mecano Obras y Reformas S.L. por un importe de 177.915,61€.
Ao remate da actuación o núcleo de Quintáns contará con 1.063 metros de rede de saneamento e 1.066 metros de rede de abastecemento de agua potable. As obras a executar constarán basicamente de unha escavación en gabia cun ancho e profundidade variable segundo as distintas canalización a dispoñer. Despois de realizar esta operación será preciso encher as gabias con material específico ou con formigón en masa para, por último, realizar unha pavimentación das vías afectadas polos traballos.