Obras e servizos

- Obras de saneamento e abastecemento de Quintáns (Isorna) e abastecemento de Corques (Taragoña) - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Obras de saneamento e abastecemento de Quintáns (Isorna) e abastecemento de Corques (Taragoña)

Ambas as actuacións forman parte do Plan Único da Deputación en Rianxo e veñen de rematar o seu proceso de licitación aberto hai uns meses. Coa sinatura dos contratos as empresas adxudicatarias comezan a conta atrás para executar dúas obras que forman parte das prioridades do equipo de goberno, como son impulsar avances en saneamento e abastecemento en todos os núcleos que carecen del a través do Plan de Obras (POS) da Deputación.

En concreto a primeira das obras correrá a cargo da empresa Mecano e consistirá no saneamento e abastecemento do lugar de Quintáns en Isorna. A actuación afectará a unhas 35 vivendas que se conectarán á depuradora existente e eliminarán unha zona de risco de verquidos ao río Ulla ademáis de resolver o abastecemento en risco durante a época estival. O importe de adxudicación foi de 215.277,89 euros a favor da Empresa MECANO. Mellorará a situación dunhas 35 vivendas que pasarán a dispoñer dos dous servizos. O período de execución é de seis meses e contempla a posterior reposición dos servizos afectados polas obras con nova capa de rodadura de asfaltado. Ademais contempla a instalación dun pozo de bombeo para conducir á rede xeral unhas oito vivendas que quedaban nunha cota máis baixa que a rede existente.

A segunda das actuacións é a DOTACIÓN E AMPLIACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA NO LUGAR de Corques, na parroquia de Taragoña a favor da empresa EXCAVACIONES MIDON SL e por un importe de 99.751,55 €; por ser a mellor das ofertas con arranxo aos criterios de adxudicación. Afectará a unhas 25 vivendas cubrindo toda a aldea desde o depósito existente de Taragoña e supón achegar a traída municipal á beira da estrada autonómica AC305 co que se permitirá abordar o futuro enganche para levar até O Araño a rede a través deste vial.

O prazo de execución neste caso será de 2 MESES contados dende o día seguinte ao da firma da acta de comprobación do reformulo, quedando a empresa adxudicataria suxeita ao cumprimento de todas e cada unha das condicións sinaladas na súa oferta.