981860401
obras@concelloderianxo.gal
Concellería de Obras e Servizos Municipais
No marco das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E), o Concello de Rianxo obtivo financiamento polo importe de 42.257,30 €. para a execución do proxecto de PAVIMENTACIÓN PISTA A CERQUEIRAS E CAMPELO.
Este Plan contempla actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas. No concello de Rianxo levaronse a cabo as actuacións recollidas no proxecto e que contemplan a reposición do pavimento existente e as obras complementarias necesarias, como a limpieza de cunetas e a reparación de baches e mordientes, favorecéndose deste modo o acceso dese vial municipal a varias parcelas agrícolas.
A empresa adxudicataria foi NEMESIO ORDOÑEZ, SA, con CIF A15146608, por un importe de 44.501,01 €, máis 9.345,21 € de IVE, o que fai un total de 53.846,22 € Iva incluído.