Obras e servizos

- Proxecto de remodelación do patio cuberto do colexio Brea Segade de Taragoña - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Proxecto de remodelación do patio cuberto do colexio Brea Segade de Taragoña

Con cargo ao plan único da Deputación sacouse de novo a licitación pública o proxecto de remodelación do patio cuberto do Colexio Brea Segade de Taragoña. O proceso anterior quedara inconcluso pola negativa das empresas a realizalo, polo que se dotou con 33.000 euros adicionais de recursos propios do Concello para chegar agora aos 95.000 euros.

A execución terá lugar ao longo do verán para estar dispoñíbel no novo curso. As empresas teñen de prazo até o 18 de maio para presentar as súas propostas que serán despois avaliadas na Mesa de Contratación do Concello de Rianxo. Resolverá as carencias do patio cuberto actual cunha nova envolvente, acompañados dunha mellora no confort interior, o cal se buscará conseguir tanto a través da mellora da envolvente térmica da edificación, na cuberta do edificio así como ca disposición duns acabados que fagan da edificación un volume estanco á auga.