981860401
obras@concelloderianxo.gal
Concellería de Obras e Servizos Municipais
O Concello de Rianxo está a impulsar, con fondos propios, a colocación dun tramo da rede de abastecemento municipal no Araño entre A Casilla e Pousada.
Para evitar actuacións posteriores está a aproveitar as actuais obras de instalación das beirarrúas impulsadas pola Xunta na AC-305 para instalar xa a tubaxe de subministro que se conectará coa rede xeral. Será un novo paso para dar continuidade ao servizo de abastecemento desde a zona de Outeiro en Taragoña e no que restarán para a súa conclusión apenas 200 metros para a ligazón completa, un tramo que se prevé realizar a continuación, nos vindeiros meses.
Anticipando tamén o futuro saneamento da aldea de Pousada, esta intervención contempla tamén unhas arquetas que darán saída aos sumidoiros aos que se enganchará a rede xeral nas obras de saneamento da aldea. Esta obra, saneamento de Pousada, forma parte do Plan Único da Deputación e prevese licitar nunhas semanas. Contará cun orzamento de 222.000 euros.