Obras e servizos

- Renovación e adaptación ao Regulamento de eficiencia enerxética das iluminacións públicas - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Renovación e adaptación ao Regulamento de eficiencia enerxética das iluminacións públicas

RENOVACIÓN E ADAPTACIÓN AO REGULAMENTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA, RD 1890/2008 DAS ILUMINACIÓNS PÚBLICAS - CONCELLO DE RIANXO - FEDER-EELL-2018-000228

Realízase a substitución de luminarias de Vapor de Sodio e Vapor de mercurio actuais por luminarias máis eficientes de tecnoloxía LED, que supoñen unha mellora das instalacións e permiten unha redución do consumo enerxético das instalacións e redución da contaminación lumínica. As vantaxes das luminarias de tecnoloxía LED son unha maior eficiencia fronte as luminarias substituídas, que se ve reflectida en que con menor potencia instalada conséguense un maior rendemento e unha maior vida útil.

Na devandita actuación substituíronse un total de 2773 luminarias cunha potencia anterior instalada aproximada de 274,076 kW por 2773 luminarias de tecnoloxía LED dunha potencia instalada de 123,755 kW; isto suporá un aforro estimado de 924.488 kWh/anual con respecto ao consumo anual das luminarias anteriormente instaladas.

Ademais, substituíronse 60 cadros de manobra e protección que controlarán as instalacións onde se substitúen as luminarias para adaptalas á normativa técnica vixente actual. Esta actuación suporá unha mellora na seguridade e protección das instalacións reformadas. Substituiranse 1050 metros de cable de cobre de sección 6 mm² para substituír tramos de cable con danos ou para unificar varias luminarias nun único cadro de mando.

Realízanse melloras nas instalacións reformadas que se indican no proxecto, talles como a substitución de 600 brazos soporte e cofreds, a substitución de 10000 metros de cable en instalacións cuxo cablado se atopaba en mal estado, a instalación en 46 cadros de mando reformados de equipos de tele-xestión, que supoñerá unha mellora na instalación á hora de actuar sobre unha avaría e poder reparala coa maior premura posible, e o reforzo de 10 pasos de peóns coa instalación dunha luminaria peonil.

Datos financeiros do proxecto:

INVESTIMENTO TOTAL REALIZADO: 990.624,45 €
AXUDA OBTIDA (FONDOS FEDER): 792.499,56 €