Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 25 de febreiro de 2021, coa seguinte
ORDE DO DÍA
Parte resolutiva 1. Aprobación das actas anteriores.
Parte de control 2. Dación de conta das resolucións de Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 3. Adhesión aos obxectivos da Axenda 2030. 4. Apoio aos/ás traballadores/as do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. 5. Moción do grupo municipal do PP: pór en marcha determinadas medidas para rebaixar o prezo da luz. 6. Moción do grupo municipal do PP: apoio da redución do IVE aos salóns de peiteado. 7. Moción do grupo municipal do PP: apoio da transferencia á Xunta de Galicia da xestión do Dominio Público Marítimo Terrestre. 8. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: creación dunha liña de axudas para a prevención de ataques da fauna salvaxe. 9. Moción do grupo municipal do PSOE: posición en contra da reforma da Lei de Saúde. 10. Moción do grupo municipal do BNG: mobilizacións feministas do 8 de marzo. 11. Rolda aberta de intervencións.
A sesión será telemática e emitirase en directo pola canle de YouTube do Concello de Rianxo.