Convocouse unha sesión extraordinaria do Pleno da corporación municipal para o mércores 26 de agosto de 2020, ás 20.00 h, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Debate en torno ás xestións levadas a cabo polos concelleiros/as delegados/as do Goberno Municipal de Rianxo para a presentación e, de ser o caso, aprobación, do Orzamento Municipal do 2020, así como das circunstancias que motivaron o cambio de criterio e a renuncia a presentar as contas. 2. Incremento do límite global da produtividade no Orzamento prorrogado en 2020. 3. REC 8/2020. Aprobación por recoñecemento extraxudicial das facturas incluídas na relación H/2020/3. 4. Modificación das bases de execución no relativo ao procedemento de execución de gasto, propostas de gasto e tramitación de facturas. 5. Modificación do réxime económico de asistencias aos órganos colexiados.