Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 1 de abril de 2019 - Concello de Rianxo

Ordes do día das sesións do Pleno

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 1 de abril de 2019

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro luns 1 de abril de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación da Acta nº 2 /2019 da sesión ordinaria do Pleno do 28/02/2019
2. Dación de Conta das Resolucións da Alcaldía e das Actas da Xunta de Goberno
3. Dación de conta da aprobación do Plan Orzamentario a Medio Prazo 2020-22
4. Sorteo dos membros das mesas electorais para as Eleccións Xerais do 28 de abril de 2019
5. Aprobación da segunda addenda ao Convenio de Colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de galicia e o Concello de Rianxo para a execución das actuacións de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo. Concello de Rianxo (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020
6. Exercicio da opción de compra do Pazo de Rianxiño
7. Contratación do servizo de póliza de crédito para o financiamento da iluminación do convenio co IDAE
8. Aprobación do suplemento de crédito 1/2019 para a dotación orzamentaria correspondente á achega municipal da Renovación do alumeado público exterior do Concello de Rianxo
9. Moción do BNG: DECLARACIÓN DE RIANXO: CONCELLO LIBRE DE EUCALIPTOS
10. Rogos e preguntas