Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 24 de xuño de 2021 coa seguinte
ORDE DO DÍA:
Parte resolutiva
1. Aprobación da acta núm. 7/2021 do Pleno en sesión ordinaria do 27/05/2021. 2. Nomeamento titular do Xulgado de Paz do Concello de Rianxo. 3. Nomeamento substituto do Xulgado de Paz do Concello de Rianxo. 4. Aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario 1/2021 (CE 1/2021). 5. SC 1/2021. Achega municipal de investimentos financiados con subvencións da Deputación Provincial.
Parte de control
6. Dación de Conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno 7. Dación de conta do informe de Intervención sobre os resultados obtidos en 2020 do control das contas a xustificar e anticipos de caixa fixa. 8. Dación de conta das Resolucións contrarias a informes de Intervencións e outros, dos exercicios 2019 e 2020 9. Dación de conta ao Pleno da liquidación do Orzamento 2020 e do extracto do informe de Intervención de avaliación das magnitudes da Lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. 10. Moción do grupo municipal PP: Instar ao goberno de España a baixar o prezo da luz actuando sobre determinados impostos e custos regulados. 11. Moción do grupo municipal BNG: Sobre a nova tarefa eléctrica. 12. Moción do grupo municipal BNG: Sobre as peaxes das autovías galegas. 13. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: Peche da escola unitaria de Quintáns. 14. Rolda aberta de intervencións.