Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro xoves 28 de febreiro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación da acta nº 1 do Pleno Ordinario do 31 de xaneiro de 2019 2. Dación de conta das Resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno 3. Ratificación das resolucións da Alcaldía 85/2019 coa dilixencia de corrección de erros e da resolución 175/2019 das modificacións emendas solicitadas pola Deputación Provincial da Coruña POS 2019 4. Dilixencia de corrección de erro do acordo plenario: Modificación do réxime retributivo da situación de incapacidade temporal 5. Aprobación da proposta dos Estatutos (Anexo I) para a constitución e funcionamento de entidades locais pola lingua galega. 6. Aprobación da modificación da Ordenanza Fiscal da taxa da piscina e outras instalacións análogas. Actualizacións co IPC 2018-2019 7. Devolución do aval bancario do expte. de Jesús Forneas Teijeiro do contrato de recadación executiva 8. Resolución da solicitude de Serviocio SL relativa á liquidación do contrato de explotación e xestión do servizo público da piscina municipal de Rianxo (2009-14)