Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 28 de novembro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1. Aprobación da acta nº 14 /2019 do Pleno en sesión ordinaria do 31/10/2019 e da acta nº 16/2019 do Pleno en sesión extraordinaria urxente do 7/11/2019. 2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 3. Aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo. 4. Moción para a defensa da igualdade de trato entre as parellas de feito e os matrimonios no acceso á pensión de viuvez. 5. Moción en apoio das iniciativas de carácter laboral. 6. Moción: a posta en funcionamento dun Centro de Día para persoas maiores en Rianxo. 7. Moción: declaración do Río Te como Espazo Natural de Interese Local. 8. Moción: adecuación integral da pista de Outeiro-Campelo ( O Araño). 9. Con motivo do día 25 de novembro, Día Internacional conta a Violencia de Xénero, para a súa consideración, debate e posterior aprobación polo Pleno do Concello de Rianxo. 10. Declaración de Aldea Modelo a un núcleo rural do Concello de Rianxo. 11. Rogos e preguntas.