Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 28 de xaneiro de 2021, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1. Aprobación da acta nº 13 do 22 de decembro de 2020. 2. Dación de Conta das Resolucións da Alcaldía e actas da Xunta de Goberno. 3. Aprobación do Plan de Acción para o clima e a enerxía (PACE) do Concello de Rianxo. 4. Aprobación inicial Ordenanza municipal non fiscal reguladora da protección dos camiños e vías públicas, con motivo da execución de cortas, depósito, carga e transporte de madeira no termo municipal de Rianxo. 5. Moción do BNG: Reposición de servizos de tren suprimidos e Plan de mellora da rede ferroviaria e creación do Ente Ferroviario Galego. 6. Moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE: Creación dun fondo extraordinario nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2021 destinados á loita contra a pandemia da COVID-19.