Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 29 de abril de 2021 - Concello de Rianxo

PUBLICACIÓN DAS CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN

As convocatorias das sesións do Pleno da Corporación, xunto coas ordes do día das convocatorias, publícanse no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica​​​​​​​.

 

Ordes do día das sesións do Pleno (anteriores)

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 29 de abril de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 29 de abril de 2021, coa seguinte

ORDE DO DÍA

Parte resolutiva

1. Aprobación da Acta nº 5/2021 do Pleno en sesión ordinaria do 25 de marzo de 2021.
2. Ratificación da Resolución da Alcaldía nº 320/2021 con data do 15/4/2021: Subsanación requirimento Deputación da Coruña Obra POS+2021 (Aprobación do Proxecto modificado de Básico e de execución "Cambio de cuberta do pavillón polideportivo municipal de Rianxo. Marzo 2021").
3. Ratificación da Resolución da Alcaldía nº 307/2021 con data do 9/4/2021: Aprobación da adhesión ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixilancia e Control fronte á Vespa Asiática (Vespa Velutina).
4. Incoación do expediente para o nomeamento do Xuíz de Paz titular e substituto.
5. Modificación da Ordenanza fiscal xeral reguladora da aplicación de tributos e ingresos de dereito público.
6. Proposta de Alcaldía: retirada título adoptivo a Evaristo Martín Freire.

Parte de control

7. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das Actas da Xunta de Goberno.
8. Dación de conta ao Pleno do informe de seguimento do Plan de axuste 2012-22 relativo ao 4º trimestre de 2020.
9. Dación de conta ao Pleno da aprobación do Plan orzamentario a medio prazo 2022-24.
10. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: Apoio á implantación de novas empresas no nos municipio.
11. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: Axudas para material escolar.
12. Moción do grupo municipal BNG: Sobre os servizos dos bancos e da banca.
​​​​​​​13. Rolda aberta de intervencións.