Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 29 de abril de 2021, coa seguinte
ORDE DO DÍA
Parte resolutiva
1. Aprobación da Acta nº 5/2021 do Pleno en sesión ordinaria do 25 de marzo de 2021. 2. Ratificación da Resolución da Alcaldía nº 320/2021 con data do 15/4/2021: Subsanación requirimento Deputación da Coruña Obra POS+2021 (Aprobación do Proxecto modificado de Básico e de execución "Cambio de cuberta do pavillón polideportivo municipal de Rianxo. Marzo 2021"). 3. Ratificación da Resolución da Alcaldía nº 307/2021 con data do 9/4/2021: Aprobación da adhesión ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixilancia e Control fronte á Vespa Asiática (Vespa Velutina). 4. Incoación do expediente para o nomeamento do Xuíz de Paz titular e substituto. 5. Modificación da Ordenanza fiscal xeral reguladora da aplicación de tributos e ingresos de dereito público. 6. Proposta de Alcaldía: retirada título adoptivo a Evaristo Martín Freire.
Parte de control
7. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das Actas da Xunta de Goberno. 8. Dación de conta ao Pleno do informe de seguimento do Plan de axuste 2012-22 relativo ao 4º trimestre de 2020. 9. Dación de conta ao Pleno da aprobación do Plan orzamentario a medio prazo 2022-24. 10. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: Apoio á implantación de novas empresas no nos municipio. 11. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: Axudas para material escolar. 12. Moción do grupo municipal BNG: Sobre os servizos dos bancos e da banca. 13. Rolda aberta de intervencións.