Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 5 de abril de 2018 - Concello de Rianxo

PUBLICACIÓN DAS CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN

As convocatorias das sesións do Pleno da Corporación, xunto coas ordes do día das convocatorias, publícanse no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica​​​​​​​.

 

Ordes do día das sesións do Pleno (anteriores)

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 5 de abril de 2018

O vindeiro xoves 5 de abril de 2018, ás 20.00 h, na Casa do Concello, convócase unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Aprobación da acta núm. 2/2018 da sesión ordinaria do Pleno do 22/02/2018.
2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno.
3. Dación de conta da aprobación do plan orzamentario a medio prazo 2019-21.
4. Ratificación da Resolución da Alcaldía núm. 257/2018: "Modificacións das emendas solicitadas pola Deputación Provincial da Coruña do POS 2018".
5. Incoación do expediente de merca do inmoble do Pazo de Rianxiño.
6. Moción: solicitude á Real Academia Galega para que se lle dedique o día das Letras
Galegas 2019 a Ricardo Carvalho Calero.
7. Moción: redacción da Ordenanza municipal de garantía básica cidadá.
8. Moción: mesa de diálogo para o transporte público.
9. Moción: mantemento de pensións dignas para os galegos e galegas.
10. Rogos e preguntas.

A sesión emitirase en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo.