O vindeiro xoves 5 de abril de 2018, ás 20.00 h, na Casa do Concello, convócase unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte
ORDE DO DÍA
1. Aprobación da acta núm. 2/2018 da sesión ordinaria do Pleno do 22/02/2018. 2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 3. Dación de conta da aprobación do plan orzamentario a medio prazo 2019-21. 4. Ratificación da Resolución da Alcaldía núm. 257/2018: "Modificacións das emendas solicitadas pola Deputación Provincial da Coruña do POS 2018". 5. Incoación do expediente de merca do inmoble do Pazo de Rianxiño. 6. Moción: solicitude á Real Academia Galega para que se lle dedique o día das Letras Galegas 2019 a Ricardo Carvalho Calero. 7. Moción: redacción da Ordenanza municipal de garantía básica cidadá. 8. Moción: mesa de diálogo para o transporte público. 9. Moción: mantemento de pensións dignas para os galegos e galegas. 10. Rogos e preguntas.
A sesión emitirase en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo.