Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 31 de maio de 2018 - Concello de Rianxo

PUBLICACIÓN DAS CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN

As convocatorias das sesións do Pleno da Corporación, xunto coas ordes do día das convocatorias, publícanse no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica​​​​​​​.

 

Ordes do día das sesións do Pleno (anteriores)

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 31 de maio de 2018

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro xoves 31 de maio de 2018 ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación da acta nº 4 do Pleno en sesión ordinaria do 26 de abril de 2018.
2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e actas da Xunta de Goberno.
3. Dación de conta da Circular da Deputación da Coruña: "Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) 2018 - POS+ 2018".
4. Dación de conta da Circular da Deputación da Coruña: "Aprobación da 2ª e derradeira fase do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal  (Plan único de Concellos) adicional 1/2017. pos +adicional 1/2017 por maior achega provincial 2ª fase".
5. Autorización da compatibilidade á traballadora Digna González Laíño, auxiliar administrativa do Concello de Rianxo.
6. Aprobación da primeira Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rianxo, para a execución das actuacións de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa.
7. Acordo de formalización da opción de compra do Pazo de Rianxiño.
8. Moción do grupo municipal Rianxo en Común:  "Apoio ao Pobo Palestino".
9. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Estudo/ Informe sobre os efectos previsibles do cambio climático en Rianxo".
10. Rogos e preguntas.