Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro xoves 31 de maio de 2018 ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación da acta nº 4 do Pleno en sesión ordinaria do 26 de abril de 2018. 2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e actas da Xunta de Goberno. 3. Dación de conta da Circular da Deputación da Coruña: "Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) 2018 - POS+ 2018". 4. Dación de conta da Circular da Deputación da Coruña: "Aprobación da 2ª e derradeira fase do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) adicional 1/2017. pos +adicional 1/2017 por maior achega provincial 2ª fase". 5. Autorización da compatibilidade á traballadora Digna González Laíño, auxiliar administrativa do Concello de Rianxo. 6. Aprobación da primeira Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rianxo, para a execución das actuacións de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. 7. Acordo de formalización da opción de compra do Pazo de Rianxiño. 8. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Apoio ao Pobo Palestino". 9. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Estudo/ Informe sobre os efectos previsibles do cambio climático en Rianxo". 10. Rogos e preguntas.