Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión organizativa do 18 de xullo de 2019 - Concello de Rianxo

PUBLICACIÓN DAS CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN

As convocatorias das sesións do Pleno da Corporación, xunto coas ordes do día das convocatorias, publícanse no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica​​​​​​​.

 

Ordes do día das sesións do Pleno (anteriores)

Orde do día da sesión organizativa do 18 de xullo de 2019

Convócase a sesión organizativa do Pleno da Corporación Municipal, que terá lugar o vindeiro xoves, 18 de xullo de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte Orde do día:

1.  Aprobación da acta 8/2019 da sesión constitutiva do Pleno do 15/06/2019.
2. Posta en coñecemento da constitución dos grupos políticos municipais.
3. Dación de conta da Resolución da Alcaldía nº 641/2019 de composición, competencias e periodicidade XGL Corporación 2019-2023.
4. Dación de conta da resolución da Alcaldía nº 646/2019 de modificación da Resolución da Alcaldía do 9 de xullo de 2019 relativa ao nomeamento de tenentes de alcalde Corporación 2019-2023.
5. Dación de conta da Resolución da Alcaldía nº 643/2019 de delegacións concelleiros corporación 2019-2023.
6. Proposta da Alcaldía periodicidade das sesións do Pleno.
7. Proposta da Alcaldía de delegación de competencias plenarias.
8. Proposta da Alcaldía de creación e composición das comisións informativas.
9. Nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.
10. Proposta de asignación aos grupos.
11. Proposta da Alcaldía sobre réxime económico das asistencias.
12. Proposta da Alcaldía de dedicacións exclusivas e parciais e declaración de incompatibilidade de Adolfo F. Muíños Sánchez.