Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión plenaria ordinaria do 27 de abril de 2017 - Concello de Rianxo

PUBLICACIÓN DAS CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN

As convocatorias das sesións do Pleno da Corporación, xunto coas ordes do día das convocatorias, publícanse no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica​​​​​​​.

 

Ordes do día das sesións do Pleno (anteriores)

Orde do día da sesión plenaria ordinaria do 27 de abril de 2017

O vindeiro xoves 27 de abril de 2017 ás 20:00 horas terá lugar na Casa do Concello unha sesión ordinaria do pleno da corporación municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1.  Aprobación da acta nº 3 do pleno ordinario do 30 de marzo de 2017
2.  Dación de conta das resolucións de Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno
3. Ratificación da Resolución nº 293-2017 do 12 de abril de 2017: Corrección de erros do acordo plenario do 20 de febreiro de 2017, POS 2017
4. Ratificación da R.A. nº 325-2017: Aprobación do proxecto emendado Vestiarios no campo de fútbol de A Lomba
5. Ratificación da R.A. nº 327-2017: Aprobación do proxecto emendado Acondicionamento de edificio para a sede da Policía Local de Rianxo
6. Dación de conta: Variacións na composición do grupo municipal Partido Popular de Rianxo nas Comisións Informativas.
7. Proposta de adhesión ao Convenio de Colaboración entre a AEAT e a FEMP en materia de intercambio de información tributaria e colaboración na xestión recadatoria coas entidades locais
MOCIÓNS
8. Moción do grupo municipal PSOE. Adopción de medidas para evitar, na medida do posible, a violencia no deporte
9. Moción de Rianxo en Común: Implementación dun edificio público enerxéticamente eficiente
10. Moción de Rianxo en Común: Recoñecemento das cualificacións profesionais dos/as técnicos en atención a persoas en situación de dependencia
11. Moción de Rianxo en Común: Modificación do sistema de reparto de alimentos ás familias necesitadas
12. Moción de Rianxo en Común: Regulación do uso dos locais públicos
13. Moción do BNG: Superávit dos Concellos
14. Moción do BNG: Distribución dos recursos da Xunta de Galicia aos Concellos con criterios obxectivos e transparentes
15. Rogos e preguntas