Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión plenaria ordinaria do 28 de setembro de 2017 - Concello de Rianxo

PUBLICACIÓN DAS CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN

As convocatorias das sesións do Pleno da Corporación, xunto coas ordes do día das convocatorias, publícanse no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica​​​​​​​.

 

Ordes do día das sesións do Pleno (anteriores)

Orde do día da sesión plenaria ordinaria do 28 de setembro de 2017

O vindeiro xoves 28 de setembro de 2017, ás 20.00 horas, na Casa do Concello celebrarase unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación das actas das sesións dos Plenos anteriores
2. Dación de conta das Resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno
3. Dación de conta do Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Rianxo: "Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na Ría de Arousa".
4. Moción: "Proposta do Pleno da Corporación sobre a Fenda dixital"
5. Moción que presenta o grupo municipal do PSOE sobre o "asentamento da Vespa Velutina".
6. Moción presentada polo grupo municipal do BNG: "Pazo de Meirás e a Fundación Francisco Franco"
7. Moción presentada polo grupo municipal de Rianxo en Común, para a "incorporación ao patrimonio público do Pazo de Meirás e das esculturas do Mestre Mateo en poder da familia Franco e a salvagarda da Memoria Histórica"
8. Moción presentada polo grupo municipal de Rianxo en Común para a "posta en funcionamento dun servizo de xestión da enerxía"
9. Moción presentada polo grupo municipal de Rianxo en Común da "Actuación no patio e edificio anexo á escola do lugar de Outeiro"
10. Moción presentada polo grupo municipal de Rianxo en Común para a "creación dunha mesa conxunta de seguimento de mocións presentadas nos plenos polas diferentes formacións"
11. Rogos e preguntas