Emprendemento

Emprendemento - Concello de Rianxo

EMPRENDEMENTO

PASOS PARA DARSE DE ALTA COMO PERSOA AUTÓNOMA


1. Decidir se queres que unha xestoría leve a cabo os teus trámites ou non.

2. Trámites:

  • Solicitar un sistema de autentificación: certificado electrónico (en facenda, na FNMT https://www.fnmt.es/) ou DNI electrónico ou Sistema Cl@ve (https://clave.gob.es/).
  • Ter claro cal é o noso IAE (Imposto de Actividades Económicas). É un imposto directo pola realización da nosa actividade económica. É un código dentro do cal se atopa a actividade; precisamos sabelo para dar o seguinte paso. Pódese chamar a Facenda para preguntar cal é o código axeitado para a actividade que se vai desempeñar.
  • Darse de alta en Facenda (modelo 037). Vídeo explicativo de como cumprimentar o documento: https://www.youtube.com/watch?v=ppe8ZE76SOw
  • Darse de alta na Tesourería Xeral da Seguridade Social - RETA (Réxime especial de traballadoras autónomas) - modelo TA0521 (na sede electrónica da Seguridade Social). Este trámite hai que facelo obrigatoriamente por vía electrónica. Video explicativo de como cumprimentar o modelo: https://www.youtube.com/watch?v=wOSUWIeq4HU
  • Á hora de cubrir este documento, pódennos entrar dúbidas coa diferencia entre o IAE e o CNAE. Este CNAE é o código que usamos na Seguridade Social e o IAE úsase na Axencia tributaria. O CNAE poden facilitárnolo na Seguridade Social.
  • Unha vez que se está de alta no réxime de autónomos, hai que levar conta dos ingresos e dos gastos para facer os trimestres (modelo 130). Dá igual cando se comece a actividade, os trimestres son iguais para todas as persoas autónomas.
  • Cubrir trimestralmente os impresos necesarios para a declaración do IVE (modelo 303).

AXUDAS PARA PERSOAS AUTÓNOMAS:

 

INFORMACIÓN PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

Lugares onde atopar información, apoio e axudas para persoas emprendedoras:

 

DESCARGA DE DOCUMENTOS