Ferramentas para a procura de emprego - Concello de Rianxo
DESCARGA DE DOCUMENTOS:
- Modelo de carta de presentación (PDF)
- Modelo de Curriculum Vitae (PDF)
A) Que pasos hai que seguir para buscar emprego?
1. Hai que facer unha análise persoal e profesional que che axude a definir en que posto queres traballar, tendo en conta os teus coñecementos, formación, experiencias, habilidades, aptitudes e obxectivos.
2. Elabora un currículo no que figure toda a información que consideres de interese profesional.
3. Inscríbete no Servizo Público de Emprego para optar ás ofertas de emprego, cursos de formación e outros programas de inserción que xestionan.
4. Le a prensa diaria, suplementos de emprego, revistas especializadas, boletíns e taboleiros de anuncios.
5. Busca información en portais e páxinas web de emprego; nelas atoparás ofertas de traballo, consellos para a busca de emprego e enlaces.
6. Busca os recursos da túa contorna (xornais locais, concello, oficina de emprego...) que che poidan facilitar información sobre o mercado laboral:
- Concello de Rianxo
- Servizo de Orientación laboral de Rianxo
- Oficina de emprego de Boiro
- Diario de Arousa
- http://axencialocaldecolocacion.org/
- Centro de desenvolvemento local de Vilanova de Arousa
- Redes sociais con información da zona
7. Identifica e consegue información sobre as empresas e centros relacionados coa túa profesión.
8. Infórmate sobre a posibilidade de facer prácticas en empresa e ofrécete a facelas. Poden axudar a que aprendas cousas sobre o oficio e a que as empresas vexan como traballas.
B) Onde busco emprego?
INTERNET
Existen numerosas páxinas e portais web dedicadas á busca de emprego:
Páxinas do Servizo público de emprego:
http://emprego.xunta.gal/portal/gl/
https://www.sepe.es/
Webs e portais web:
https://www.galejobs.com/
http://activasocial.gal/gl/
http://axencialocaldecolocacion.org/
https://www.empleo35.es/
http://www.infoempleo.com/
http://www.infojobs.net/
https://ocupa2.com/
http://trabajos.com/
http://canaltrabajo.com/
http://www.laboris.net/
http://www.trabajo.org/
http://www.milanuncios.es/
Blogues:
https://empregoportodoson.wordpress.com/
http://empleopublicoengalicia.blogspot.com/
Redes sociais:
Linkedin: https://www.linkedin.com/
Páxinas de Facebook:
- Orientación laboral Rianxo
- Axencia local de colocación de Santiago de Compostela
- Emprego Santiago
- Emprego Galicia
- Empleo público en Galicia
- Empleo público Galicia
- Formación e emprego: información e recursos
- Pontemprego
- Orientación Laboral FORGA
- Empleo Emprego Job Galicia
- Barbanza emprego
- Emprego na Ría de Arousa
- Oferta emprego Barbanza
- Salnés empleo
- Centro de desenvolvemento local de Vilanova de Arousa
- Área de orientación laboral da USC
Prensa:
Nos xornais e periódicos publican anuncios tanto as empresas que precisan traballadoras, coma as persoas que se ofrecen para traballar:
- Prensa diaria (Diario de Arousa, A Voz de Galicia, O Correo Galego...)
- Suplementos dedicados ao emprego
Radio e televisión:
Tamén se poden atopar ofertas de traballo na radio e na televisión, sobre todo nas locais.
- Arousa TV, Radio Arousa, Arousa Salnés...
Servizo público de emprego (SEPE e Servizo Público de Emprego de Galicia):
Nas oficinas de emprego sempre pode haber ofertas, boletíns de emprego, información do mercado laboral...
Empresas de traballo temporal (ETT):
Son empresas que contratan a traballadores para cederllos a outra empresa para traballar un tempo determinado. Estas son algunhas empresas de traballo temporal da zona:
- Adecco (Boiro)
- Randstad (Boiro)
- Nortempo (Boiro, Vilagarcía, Padrón)
- Iman Temporing (Boiro)
- Ader Recursos Humanos (Vilagarcía, Pobra do Caramiñal)
- Eurofirms ETT (Vilagarcía)
- Abside ETT (Vilagarcía)
- Synergie ETT (Vilagarcía)
- Activa Social ETT (Vilagarcía)
- Nexo ETT (Ribeira)
- Micofer 2000 ETT
- Manpower (Santiago de Compostela)
- Flexiplan (Santiago de compostela)
- Activa Social (Santiago de Compostela) – Especializada en diversidade.
Contactos persoais:
É conveniente facer saber a amigos e coñecidos que estamos buscando traballo, xa que nos poden proporcionar contactos e coñecer ofertas. É un dos mellores medios para atopar emprego, xa que nos permite coñecer ofertas de emprego por medio doutras persoas, ofertas que se cadra non atopariamos por nos mesmas/os.
Autocandidatura:
Buscar as empresas que nos interesen e presentarlle o noso interese por traballar nelas. Non é necesario que exista oferta de traballo. Isto é simplemente presentar o noso currículo e/ou carta de presentación nunha empresa por se nalgún momento precisan unha persoa do noso perfil profesional para traballar.
Outros lugares onde atopar ofertas de emprego:
- Guías profesionais e outras publicacións que recollen listados de empresas, por sectores profesionais (madeira, automoción, informática...)
- Axencias de Colocación: Son empresas intermediarias que poñen en contacto a persoas que buscan emprego con empresas que buscan traballadores.
- Consultoras de selección: Empresas que seleccionan persoal para outras empresas.
- Arestora Consultores (Boiro)
- Favento Gestión (Vilagarcía de Arousa)
- Centros especiais de emprego e outros especializados en diversidade:
- http://activasocial.gal/gl/
- https://asociacionambar.org/
- http://www.cogami.gal/
- https://www.coregal.es/
- https://www.andainapsm.org/
C) Onde realizar formación
- Centros de formación profesional.
- FP para o emprego: Cursos certificados e subvencionados polo Servizo de Emprego.
- ESA (educación secundaria para persoas adultas): Os concellos realizan clases preparatorias para presentarse ás probas da ESA.
- Empresas e academias de formación na zona:
- Kaeme (Vilagarcía de Arousa)
- Academia Elisa (Vilagarcía de Arousa)
- Xesintec (Vilanova de Arousa)
- Academia Arca (Ribeira e Boiro)
- Enatop (Ribeira)
- La Vocal (Ribeira)
- Escola oficial náutico-pesqueira (Ribeira)
- CLT consultores (Ribeira)
- Amicos (Boiro, só cursos de atención sociosanitaria)
- Seforgasa (Pobra do Caramiñal)
- Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB). Polígono de Xarás
D) Xacementos de emprego no Barbanza e arredores. Que lugares son os máis axeitados para buscar emprego?
Polígonos industriais: Neles atópanse concentradas moitas das empresas da zona e seguramente as de maior tamaño e maior demanda de traballadores/as.
- Parque empresarial de Rianxo
- Polígono industrial de Espiñeira (Boiro)
- Polígono industrial da Tomada (A Pobra do Caramiñal)
- Polígono industrial de Xarás (Ribeira)
- Parque empresaria da Picaraña (Padrón)
- Parque empresaria A Picusa (Padrón)
- Parque industrial do Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa)
- Polígono industrial de Bamio (Vilagarcía de Arousa)
- Polígono industrial de Trabanca Badiña (Vilagarcía de Arousa)
- Polígono industrial de Tremoedo (Vilanova de Arousa)
- Polígono Industrial Agualevada (Noia)
- Parque empresarial Costa Vella (Santiago der Compostela)
- Polígono do Tambre (Santiago de Compostela)
Conserveiras e empresas de conxelado de alimentos: En toda a zona da Ría de Arousa podemos atopar un bo número deste tipo de empresas.
Servizos da saúde e do coidado de persoas maiores e nenos/as: Cada vez precísanse máis este tipo de servizos en tódolos lugares: Servizos de axuda no fogar, xeriátricos, garderías, farmacias, etc.
Hostalaría, limpeza e turismo en xeral (hoteis, hostais, bares, restaurantes, etc).
Pesca e marisqueo
E) Guías para a busca de emprego:
GUÍA DE BUSCA DE EMPREGO do Concello de Vimianzo:
https://www.vimianzo.gal/media/documentos/2016-17_PIE_guia_busca_emprego.pdf
GUÍAS DE BUSCA DE EMPREGO DA AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:
https://axencialocaldecolocacion.org/recursos