O servizo de orientación laboral

O servizo de orientación laboral - Concello de Rianxo

O servizo de Orientación Laboral

Que é?

É un servizo de información, orientación e apoio a persoas desempregadas, dispoñible no concello de Rianxo, na Rúa dos Mestres s/n.

A quen vai dirixido?

A todas as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, cando o soliciten expresamente ou cando lles sexa ofertado pola oficina de emprego.

Como se solicitan estes servizos?

Previamente, hai que inscribirse coma demandante de emprego na oficina correspondente. Unha vez inscritas, poderán solicitar cita de orientación na propia oficina de emprego ou accedendo ao portal web https://emprego.xunta.gal/portal/gl/.

Ao servizo de orientación débese acudir semprecon cita previa proporcionada polo Servizo Público de Emprego. No caso de non poder acudir á cita, debe poñerse en contacto coa persoa orientadora para anulala ou modificala.

Que se fai?

O servizo de orientación laboral levará a cabo unha serie de accións individuais e grupais, dirixidas a persoas desempregadas e demandantes de emprego, tales coma:

  • Diagnóstico individual
  • Información sobre o mercado laboral
  • Elaboración de itinerarios personalizados
  • Asesoramento técnico en:
    • Redacción do currículo
    • Entrevistas de traballo
    • Outras técnicas de busca de emprego
  • Busca de oportunidades de formación, emprego e mobilidade
  • Axuda no proceso de emprendemento
  • Seguimento e acompañamento no proceso de inserción laboral
  • Motivación laboral
  • Accións grupais:
    • Orientación laboral
    • Busca de  emprego
    • Habilidades socio-laborais
    • Emprego das TIC’s na busca de oportunidades

Obxectivos

A finalidade fundamental do servizo de orientación laboral é a mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, xa sexa no seu proceso de incorporación ao traballo por conta allea ou ao emprego por conta propia, a través das accións antes descritas.

Servizos a empresas

O servizo de orientación laboral contará cunha base de datos de persoas desempregadas e que están na procura de emprego, co cal, contactando con nós, as empresas poden atopar candidatas/os para postos de traballo que teñan vacantes.

Onde acudir?

O despacho do servizo de orientación laboral do concello de Rianxo atópase na 1ª planta do edificio do Centro de Empredemento (Aula Activa do Mar), na Rúa dos Mestres s/n.

Financiamento

O servizo de orientación laboral do concello de Rianxo finánciase a través do ámbito de colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, subvencionado con fondos recibidos do Servicio Público de Empleo Estatal, que figuran no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2018.