Plan de igualdade - Concello de Rianxo
O II Plan de igualdade do Concello de Rianxo aprobouse por unanimidade na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación do 21 de maio de 2019.
Formúlase o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello deRianxo 2019-2022 coa vontade de ser a estratexia municipal centrada na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como fortalecer o traballo en materia que xa se viña desenvolvendo hai anos a nivel municipal.
O avance nas últimas décadas é imparábel respecto á conquista de dereitos das mulleres, á posta en marcha dun marco lexislativo centrado na igualdade e a implantación de políticas públicas de igualdade. Aínda así, sabemos que nos nosos días, as desigualdades de xénero e as violencias machistas seguen a reproducirse na nosa sociedade e hai resistencias a mudar as actitudes. Son múltiples os fenómenos que teñen presenza na nosa realidade, como o incremento da feminización da pobreza, o aumento da violencia machista, a falla de corresponsabilidade real ou a invisibilización do papel da muller en diferentes eidos, entre outras.
Neste senso o Concello de Rianxo e consciente da súa responsabilidade e das súas obrigas legais. E por tanto, ponse en marcha esta estratexia integral co obxectivo de activar os medios,mecanismos e recursos necesarios para traballar a prol dunha vila igualitaria e libre de violencias machistas.
Así, este II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes contempla futuras medidas que atravesan a administración municipal, posicionando deste xeito, a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes como un eixo fundamental na axenda política municipal.
- II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Rianxo (PDF)
- Rianxo en cifras (PDF)