Sesións do Pleno - Concello de Rianxo
As sesións do pleno da Corporación Municipal grávanse en vídeo desde abril de 2017. En novembro de 2017 aprobouse unha proposta pola cal as actas pasan a ser multimedia, de forma que aos expedientes electrónicos das sesións plenarias incorpórase un arquivo de son extraído do vídeo gravado. Asemade, os vídeos gravados publícanse na rede social YouTube, na que, a partir de xaneiro de 2018, tamén se emiten en directo as sesións.