Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Programación, Outono Cultural

Propostas a desenvolver no Concello de Rianxo dentro do programa Outono Cultural organizadas polo Concello de Rianxo e outras entidades asociativas. A programación pode sufrir modificacións. Consultar cambios e/ou ampliar información no sitio web do Concello de Rianxo.  

VIII Certame de curtas Alberto Romero

Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o 28 de febreiro, para o VIII Certame de curtas Alberto Romero organizado pola asociación do mesmo nome coa colaboración do Concello de Rianxo entre outras entidades. Está destinado a curtametraxes realizadas por: Estudante ou grupo de estudantes de todos os centros de primaria (cursos 1º a 6º), secundaria (ESO) e bacharelato (ou equivalente) dos concellos da mancomunidade Barbanza Arousa. Usuarios/as de centros e...

Obradoiro audiovisual: guión e interpretación

Obradoiro audiovisual: guión e interpretación DÍAS: sábados 21 e 28 de outubro HORA: de 12.30 a 14.00 horas LUGAR: aula da Aula activa do Mar de Rianxo PÚBLICO: de 07 a  18 anos PREZO: gratuíto INSCRICIÓNS: info@albertoromero.org // 981 107 906 ​​​ Organizada pola Asociación Alberto Romero coa colaboración do Concello de Rianxo entre outras entidades. ...

Actividades formativas audiovisuais

Actividades formativas audiovisuais, queres crear a túa propia película DÍAS: martes a partir de outubro HORA: de 17.00 a 18.00 horas LUGAR: aula da Aula activa do Mar de Rianxo PÚBLICO: de 07 a  18 anos PREZO: gratuíto INSCRICIÓNS: info@albertoromero.org // 981 107 906 ​​​ Organizada pola Asociación Alberto Romero coa colaboración do Concello de Rianxo entre...

Teatro, Fátum a cargo de O Catre Teatro

Teatro, Fátum a cargo de O Catre Teatro DÍA: sábado 07 de outubro HORA: 20.30 horas LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO: recomendada para maiores de 12 anos DURACIÓN: 65 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade Organizada polo grupo de Teatro Airiños ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo. Fàtum, o fado, o...

Publicación no BOP do extracto das axudas á conciliación.

Publicación no BOP do extracto do acordo de 07/09/23 da XGL pola que se aproban as bases reguladoras e convocatoria das axudas ás familias para a súa conciliación familiar e laboral. Publicación do extracto no BOP O prazo para a presentación das solicitudes remata o 19 de outubro de 2023.

Publicación no BOP do extracto das becas de comedor.

Publicación no BOP do extracto do 07/09/23 da XGL pola que se aprobaron as bases reguladoras e a convocatoria das becas de comedor escolar para 2º ciclo de educación infantil e ensino obrigatorio durante o curso 2023-2024. Publicación no BOP O prazo para a presentación de solicitudes  remata o 20 de outubro de 2023.

Publicación no BOP do extracto das becas municipais.

Publicación no BOP do extracto do acordo do 07/09/23 da XGL pola que se aprobaron as bases reguladoras e a convocatoria das axudas a dispositivos electrónicos, material escolar e material e roupa deportiva para educación infantil e ensino obrigatorio durante o curso académico 2023-2024. Publicación do extracto no BOP O prazo para a presentación de solicitudes remata o 19 de...

XIII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, "Un inferno para as mulleres" - Rianxo- Boiro-Lousame, 6, 7 e 14 de outubro de 2023

O XIII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, Un inferno para mulleres desenvolverase nos concellos de Rianxo, Boiro e Lousame, o 6, 7 e 14 de outubro de 2023. A asistencia ao seminario require inscrición previa agás a proposta da ofrenda floral que se realizará o venres 06 de outubro, ás 19.00 horas, na zona do Castillo, onde estaba o antigo campo de concentración en Rianxo. NÚMERO DE PRAZAS: 50, por rigorosa orde de inscrición DESTINATARIAS/OS: persoal docente do ensino público...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 28 de setembro

Convocouse unha sesión ordinaria do pleno da Corporación para o 28 de setembro ás 20.00 h na Casa do Concello coa seguinte ORDE DO DÍA: PARTE RESOLUTIVA 1. APROBACIÓN ACTA Nº 15/2023 DO PLENO EN SESIÓN ORDINARIA DO 27/07/2023 2. PÓLIZA DE CRÉDITO PARA O FINANCIAMENTO DA OBRA DE REHABILITACIÓN DO PAZO DO MARTELO 2ª LICITACIÓN ​​​​​​​3. MODIFICACIÓN DA BASE 27ª DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO, QUE MODIFICA DÚAS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS ​​​​​​​4. SC...

VI CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, Trío Ardora

Concerto, Trío Ardora (óboe-viola-violonchelo) enmarcado no VI Ciclo de Novos Intérpretes DÍA: domingo 01 de outubro HORA: 12.30 horas LUGAR:  sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO: todos os públicos ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.

III Andaina Solidaria ASANOG

Xa está aquí unha nova edición da Andaina con Superpoderes!!!! A “Asociación de Axuda a Niños Oncolóxicos de Galicia”, ASANOG, coa colaboración do servizo de deportes do Concello de Rianxo, organiza esta segunda edición co obxectivo de recadar fondos para a asociación, á que irá o 100% do recadado a través das inscricións. Adrián Mosquera, o primeiro deportista olímpico rianxeiro,volverá ser o padriño da proba. ​​A andaina desenvolverase o xoves 12 de outubro, a...

VI CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES

Concerto, Trío Ardora (óboe-viola-violonchelo) enmarcado no VI Ciclo de Novos Intérpretes DÍA: domingo 01 de outubro HORA: 12.30 horas LUGAR:  sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO: todos os públicos ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.

Teatro Familiar, Castelao de Culturactiva producións

Teatro Familiar, Castelao a cargo de  Culturactiva producións. DÍA: sábado 30 de setembro HORA: 19.00 horas LUGAR:  sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO: familiar DURACIÓN: 60 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio. Organizada polo Concello de Rianxo ao abeiro do programa Rede Cultural...

Benestar en Balnearios

O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro do ano 2023. As quendas, terán unha duración de 10 días (nove noites), realizaranse en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido. Ademais inclúe tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico. PERSOAS BENEFICIARIAS: Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España,...