Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Mostra da Escola de Teatro Airiños

Teatro, Fraktal a cargo do grupo Ska-rnio Escénico da Escola de Teatro Airiños. LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DÍA: venres 21 de xuño HORA: 20.00 h ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Teatro, Ali, sía e o país das marabillas a cargo do grupo Teatrinclis da Escola de Teatro Airiños. LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ...

Presentación da obra literaria de Manuel Losada

Presentación da obra literaria de Manuel Losada. LUGAR: salón de actos do Auditorio de Rianxo DÍA: venres 14 de xuño HORA: 20.00 h Máis información do escritor.

Teatro, O meu mundo non é deste reino a cargo de Armadanzas Teatro

Teatro, O meu mundo non é deste reino a cargo de Armadanzas Teatro da Asociación Ondiñas Mainas. LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DÍA: domingo 16 de xuño HORA: 19.00 h ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)  

Festas da Bacariza (Isorna) 2024

Festas da Bacariza (Isorna), o sábado 15 e o domingo 16 de xuño

De xira pola ría de Arousa co Faiado da Memoria

De xira pola ría de Arousa co Faiado da Memoria o domingo 16 de xuño.

San Xoán en Taragoña

San Xoán en Taragoña o sábado 22 de xuño

San Xoán da Hermida en Buhía (Araño)

 O sábado 22 de xuño o San Xoán da Hermida en Buhía (Araño).  

Andaina Goza do Ulla 2024: Dodro - Rianxo

O programa de Roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 6 de xullo "As Brañas - Tres Cruces", nesta edición organizada conxuntamente polos servizos de deportes dos Concellos de Dodro e Rianxo. O programa consta dun total de 18 andainas promovidas polos concellos bañados polo Río Ulla (mais información no folleto do apartado de descargas). O trazado previsto é lineal e percorre camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo),...

Campamento 2024: formalización da praza

Para formalizar a praza débese realizar o pagamento e entregar a documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos. Pagamento: para realizar o pagamento deberás solicitar o recibo no servizo de xuventude ben presencialmente o por correo (campamento@concelloderianxo.gal) ou whatsapp (664181401). Unha vez teñas o recibo podes realizar o pago por banca electrónica, caixeiro ou nos bancos indicados no propio recibo. Só se pode realizar o pagamento...

Listaxes de admisión no Campamento de Verán 2024

Publicase a listaxe de admitidos/as no campamento, por instalación e por período. Realizáronse diversos axustes e ampliacións para cubrir o maior número de solicitudes nas instalacións solicitadas. Podes consultalas na páxina do Campamento Páxina do Campamento de Verán 2024

Declaración responsable para as fogueiras de San Xoán

Se tes pensado facer unha fogueira na noite de San Xoán, xa podes solicitar a autorización necesaria. Deberás presentar na Policía Local unha declaración responsable debidamente cuberta. Poderás recoller o modelo na propia oficina da Policía Local ou descargalo aquí. O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño ás 9:00...

Listaxe de solicitudes para Campamento de Verán 2024

Publícase a listaxe de solicitudes para o Campamento de Verán 2024, realizadas dentro do período de inscricións. Comproba que os datos sexan correctos. Se non apareces no listado, ou hai datos que faltan ou non son correctos, ponte en contacto no 664 181 401 (xuventude) ou no correo campamento@concelloderianxo.gal. Listado de...

Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal - Ano 2024

O Concello de Rianxo, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, vai presentar oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, para a contratación de 2 peóns/peoas forestais para o Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal. As persoas traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polas que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no...

Campamento de verán e Plan Madruga 2024

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Xuventude, organiza o Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2024 - Campamento Concilia, que se desenvolverá dende o 24 de xuño ao 30 de agosto, de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h. Contará ademais coa opción de Plan Madruga dende ás 08.00 h. . O Campamento está dirixido a nenos e nenas nados do 2012 ao 2020, e desenvolverase no Ies Félix Muriel de Rianxo, no Cep Brea Segade de Taragoña e no Ceip Ana Mª Diéguez de Asados. ...

Campamento dixital para mocidade

O Servizo de Xuventude organiza un Campamento Dixital, dirixido a mocidade de 12 e 13 anos e de 14 a 17 anos, que se desenvolverán no verán 2024 no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. O campamento será gratuíto e terá unha duración de 15 días, de luns a venres de 10.30 a 13.30h. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital. Trátase de dous campamentos dirixidos aos seguintes grupos de idade e cos...