Procesos Selectivos

- Plan de inclusión social - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Procesos Selectivos de Persoal Laboral

Plan de inclusión social

O Concello de Rianxo en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria vai presentar oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na súa oficina de Boiro para 2 Peóns de Xardíns dentro do Plan de Inclusión Social.

Os traballadores e traballadoras que se contraten deberán ser persoas perceptoras da Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas; a orde de convocatoria establece que terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da Risga que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral e os maiores de 45 anos e os que teñan cargas familiares.

As persoas participantes deberán reunir os requisitos esixidos no art. 10 da orde de convocatoria do programa:

Orde de convocatoria