Proxectos e Programas - Concello de Rianxo
Agrupación e desenvolvemento local DELOA
Deloa é unha agrupación social e económica de establecementos de hostelaría e servizos, cuxa finalidade é a de crear maiores oportunidades de negocio entre os socios e promocionar o turismo na área de Sar e Barbanza (Galicia).
Pertencer a Deloa ten os seguintes beneficios:
- Foros sobre turismo rural e promoción turística da zona do Sar e Barbanza.
- Sistema de Red Deloa, que brinda a posibilidade de xestionar ofertas e servizos turísticos en tempo real.
- Actividades de formación.
- Ter presenza na plataforma de información www.deloa.es
- Participar en calquera evento Deloa; pode contactar con nós a través do teléfono 981 817 000.
Mancomunidade Barbanza-Arousa
A Mancomunidade Barbanza-Arousa é a agrupación dos municipios de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, situados no SO da provincia da Coruña, na comarca do Barbanza, que ocupan o sur da península do mesmo nome e o norte da ría de Arousa.
Trátase dunha comarca rica en recursos turísticos, cun patrimonio natural, histórico e etnográfico de inmenso valor, ademáis dun lugar privilexiado, xa que as cortas distancias coas grandes cidades galegas permiten os desprazamentos para visitar Barbanza-Arousa e volver no mesmo día á localidade de procedencia.
Máis información en: https://barbanzarousa.gal/
Declaración de municipio turístico
Declaración de Rianxo como Municipio Turístico Galego: DOGA Nº153 do 8 de agosto de 2007 [PDF]
Noticias La Voz de Galicia:
- La Xunta declara el municipio de Rianxo de Interés Turístico [HTM]
- Rianxo será el tercer concello de Barbanza declarado de interés turístico [HTM]
- La declaración de Rianxo como término turístico ya es oficial [HTM]
Declaración da festa da Guadalupe como festa de Galicia de interese Turístico
- Declaración das festas en honor da Virxe de Guadalupe como Festa de Galicia de Interese Turístico: DOGA Nº 96 do 19 de maio de 2000 [HTM]
Declaración da festa da Guadalupe como festa de interese turístico nacional (en trámite)
- Orde ITC/1763/2006, 3 de maio, pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional e internacional: BOE Nº135 do 7 de xuño de 2006 [PDF]
Noticias La Voz de Galicia:
MACT (Modelo de Aproximación á calidade turística)
O Modelo de Aproximación á Calidade Turística é un conxunto de produtos para a implantación, xestión e aseguranza da calidade do servizo en empresas e servizos relacionados co turismo. Sendo o seu obxectivo principal sensibilizar oós profesionais das empresas e servizos turísticos do destino, sobre a importancia da participación no MACT, mediante a exposición dos seus obxectivos, compromisos e beneficios.
Obxectivo xenérico
- Crear conciencia de servizo entre os sectores beneficiarios a través da iniciación na xestión da calidade, enmarcado esto dentro dunha única visión de destino turístico.
Obxectivos específicos
- Mellorar os niveis de adhesión ao Sistema de Calidade Turística Española (SCTE).
- Aumentar a conciencia de destino turístico entre os prestadores de servizos.
- Recoñecer a participación de persoas e establecementos/servizos que se incorporan á xestión da calidade.
- Fomentar dende a xerencia dos Plans de Excelencia/Dinamización e as Delegacións autonómicas ICTE (Insituto da Calidade Turística Española) a mellora da calidade na prestación de servizos dos sectores implicados.
- Capacitar os recursos humanos do sector e fomentar neles a cultura da calidade.
- Incentivar as empresas participantes dos distintos subsectores turísticos a mellorar a prestación de servizos.
O MACT está composto de tres etapas:
- Etapa de Lanzamento
- Etapa de Desenvolvemento
- Etapa de Acceso SCTE /Consolidación
No ano 2006 a Oficina de Información Turística de Rianxo recibiu este distintivo de calidade, tras ter superada a etapa de lanzamento.
Noticias La Voz de Galicia: