Punto Limpo

Punto Limpo - Concello de Rianxo

Punto Limpo

Punto limpo de Rianxo

​​​​​​​

 

 

Teléfono de contacto: 697 67 02 52

 

1. O punto limpo é un recinto que funciona como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario. Créase o punto limpo para o depósito, por parte da veciñanza, daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa necesaria unha xestión específica, ben polo seu tamaño ou ben pola súa composición. Os obxectivos principias destas instalacións son:

  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar a vertedura incontrolada de cascallos e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente, coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.

2. As actividades que se realizarán no punto limpo son as seguintes:

  • O control da recepción dos residuos á chegada ao centro.
  • A clasificación e agrupación dos residuos de natureza compatible.
  • A expedición dos residuos ata as diferentes instalacións de reciclaxe de cada un deles.

Os residuos tratados no punto limpo son os seguintes:

  • INERTES: entullos procedentes de obras menores e reparacións domiciliarias.
  • METÁLICOS: radiadores, todo tipo de latas, bicicletas e ventás.
  • MADEIRAS: armarios, cadeiras, táboas, camas, palés, etc...
  • PAPEL E CARTÓN: embalaxes, xornais e revistas.
  • PLÁSTICOS: de orixe doméstica, silos e invernadoiros.
  • VIDROS: botellas, botes, tarros e outros recipientes.
  • XARDINERÍA: residuos procedentes de podas e restos vexetais.
  • ACEITES: mineral e vexetal.
  • LIÑA BRANCA: frigoríficos (sen gas CFC), lavadoras, cociñas, quentadores de auga, ...
  • LIÑA MARRÓN E GRIS: televisores, equipos de música, ordenadores.
  • TÉXTIS//VOLUMINOSOS: colchóns, somieres, etc.
    Residuos procedentes da recollida domiciliaria realizada polo servizo municipal de obras, parques e xardíns.