Recadación

- Cobramento en período voluntario do segundo cuatrimestre da taxa por recollida de lixo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Praza castelao 7 1ºE, Rianxo

981 86 66 61

recadacion@concelloderianxo.es

Concellería de Economía e Facenda

luns a venres: 8.00 a 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.30

Recadación

Cobramento en período voluntario do segundo cuatrimestre da taxa por recollida de lixo

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 1 de setembro do exercicio 2016, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar o cobramento en período voluntario dos seguintes tributos:

Taxa por recollida do lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2016

Lugar de Ingreso: Oficinas Abanca e resto de Entidades Colaboradoras.

Cargos de domiciliados: 6 de xullo de 2016.

Os documentos de ingreso das liquidacións non domiciliadas en contas de entidades financeiras enviaranse por correo ordinario aos domicilios das persoas contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste concello.

Esgotado o prazo do período voluntario, os débitos non satisfeitos durante o mesmo quedarán incursos automáticamente, primeiro, no recargo executivo do cinco por cen, segundo, no recargo de apremio reducido do dez por cen e terceiro, no recargo ordinario do vinte por cen e xuros de demora, procedéndose ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento Xeral de Recadación.