Sensibilización - Concello de Rianxo
Sensibilización Ambiental
Campaña de sensilización ambiental sobre os residuos e a reciclaxe
A problemática dos residuos é unha das principais complicacións ambientais do século XXI; a expansión da economía baseada no consumo, a cultura de usar e tirar e os avances técnicos experimentados, fan que este problema tome proporcións críticas e xere un gravísimo impacto no medio ambiente.
A xeración de residuos está aumentando ata superar o quilo e medio por persoa/día. Se a isto se engade que a separación non se fai correctamente, atopámonos con que a xestión dos residuos non está sendo todo o eficaz que debería.
Ante esta situación, o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Rianxo está levando a cabo unha campaña de sensibilización ambiental centrada nos residuos e a reciclaxe, co fin de motivar á poboación para que tome conciencia da importancia de reducir os residuos e levar a cabo unha boa separación na orixe.
Durante os meses de febreiro, marzo e abril a campaña estivo dirixida á poboación escolar, e o vindeiro mes de xuño dirixirase á poboación en xeral, pasando por todas as parroquias do concello.
-
A campaña dirixida á poboación escolar
Na campaña participaron un total de 1337 alumnos e alumnas dos colexios: Xosé María Brea Segade de Taragoña, Ana María Diéguez de Asados, CRA de Rianxo, Alfonso D. Rodríguez Castelao e o IES Félix Muriel.
O obxectivo desta campaña foi informar e sensibilizar o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da importancia da separación dos residuos para a súa reciclaxe e do impacto que a súa mala xestión produce no medio natural. Outro dos puntos que se trataron foi o tema da compostaxe como alternativa para reducir os restos orgánicos e a creación do Punto Limpo de Rianxo.
As actividades que se levaron a cabo, así como a proxección de vídeos informativos e a explicación da problemática dos residuos, programáronse segundo os ciclos educativos e foron adaptadas a cada grupo e franxas de idade.
Explicando a problemática dos residuos
Alumnado do IES Félix Muriel
Alumnado de educación infantil
Os cinco contedores barrigóns
Dramatización do conto: ''Maruxa e os cinco contedores barrigóns''
Separando residuos nas barrigas dos contedores
Xogos de separación de residuos: a través de xincanas e do "xogo do pano" traballouse co alumnado a separación dos residuos nos diferentes contedores selectivos.
O xogo do "pano" e os residuos
Elaborando unhas maracas con botellas de plástico
Xogando coas maracas
Prismáticos con rolos de papel hixiénico
Facendo un estoxo con botellas de plástico
Estoxo rematado
Construíndo un moedeiro con un brik de leite
Moedeiro acabado
Material divulgado por SOGAMA, ECOEMBES e ECOVIDRIO.
Vídeos, guías para separar correctamente, bolígrafos e lapis reciclados, lapiseiros, contos...
O alumnado co material de ECOEMBES, ECOVIDRIO e SOGAMA
Agradecementos
- A todos os colexios e ao instituto do Concello de Rianxo por participar e colaborar nesta iniciativa.
- A SOGAMA, ECOEMBES e ECOVIDRIO polo súa contribución gratuíta de material divulgativo e obxectos de material reciclado que se lles entregou ao alumnado participante.
Páxinas web de interese
http://centros.edu.xunta.es/craderianxo/?q=node&page=1
http://www.sogama.es
http://www.ecovidrio.es/html/home.htm
http://www.ecoembes.com/es/Paginas/portada.aspx
http://www.ecopibes.com
http://www.redcicla.com
http://www.reciclus.es
http://www.mma.es/secciones/area_infantil/index.htm
http://sirga.medioambiente.xunta.es
http://www.sigre.es
http://medioambiente.xunta.es/template_vertedoiros.jsp?page=puntosLimpios.jsp