Servizos Sociais

- "Agresión OFF" (Eu digo non á violencia sexual) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

"Agresión OFF" (Eu digo non á violencia sexual)

Dende a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, e coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, ponse en marcha unha nova aplicación móbil:  "AgresiónOFF" (Eu digo non á violencia sexual), que ten como obxectivo loitar contra as agresións sexuais. A ferramenta é a primeira destas características nunha comunidade autónoma.

 

Pódese descargar tanto para dispositivos IOS como Andoid. Trátase da 1º versión que en vindeiras datas será ampliada con novas funcionalidades, como a posibilidade de compartir a xeolocalización con calquera dos contactos que teña a persoa usuaria.