Servizos Sociais

- Adiado o Obradoiro "Marketing e Violencia de xénero" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Adiado o Obradoiro "Marketing e Violencia de xénero"

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as
Mulleres. Na actualidade, a violencia contra mulleres e nenas segue a ser unha das violacións de
dereitos máis estendidas e as súas consecuencias son devastadoras. Entre as claves para erradicala
está a educación e a prevención, para o cal é indispensable o compromiso, concienciación e
participación de toda a sociedade, tanto homes como mulleres. Por iso, cada ano son máis as
institucións, organismos e entidades de todo tipo que se suman, con diferente campañas, á
visibilización deste problema nacido da desigualdade. Pero, como persoas destinatarias destas
mensaxes detémonos a pensar no enfoque do que transmiten? Por que algunhas nos semellan máis
acertadas que outras? Como fariamos nós a nosa propia campaña para o 25 N?


Este obradoiro pretende ser un lugar de análise, reflexión e posta en común de ideas para atopar os
nosos propios lemas. Aínda que o obxectivo final non é ese, senón visibilizar, coñecer e recoñecer
aqueles comportamentos ou estruturas que permiten e alimentan a violencia e a desigualdade.

O obradoiro terá unha duración de 90 minutos. Estará dividido en tres partes: unha primeira
informativa, unha segunda de análise e debate e unha terceira de creación dos lemas. Esa é a parte
fundamental do obradoiro, pois busca que as persoas asistentes participen de maneira activa.
Nel contaremos con datos que nos acheguen á situación das mulleres fronte á violencia de xénero,
analizaremos cartaces e campañas, así como outras estratexias publicitarias. Finalmente,
traballaremos de maneira conxunta na redacción dos nosos propios lemas, partindo das ideas
xurdidas da conversa.


O obradoiro está destinado a persoas de 15 anos en diante e sen límite de idade, tanto homes como
mulleres, pois é fundamental o papel de toda a sociedade en conxunto.


Será impartido pola escritora María Lado, que conta cunha longa traxectoria como poeta, narradora
e autora de xéneros variados que van dende o teatro ao guión. Así mesmo, e dende hai máis de 10
anos, imparte diversos obradoiros e charlas, tanto no eido da comunicación literaria como non
literaria, onde explora a relación entre a linguaxe e xénero, así como o valor da linguaxe para mudar
a sociedade.

Levarase a cabo o sábado 5 de novembro as 11:00 da mañá no auditorio.

Inscricións:

Teléfono: 981972731 - 981860061

WhatshApp: 604024012

Correo: igualdade@concelloderianxo.gal.