Servizos Sociais

Plan estatal de vivenda 2018-2021 - Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Plan estatal de vivenda 2018-2021

​​​​​​OBXECTO DAS AXUDAS E CONTÍA

Trátase de axudas económicas ás persoas inquilinas para o alugamento de vivendas, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, convocadas para a anualidade 2021, nas seguintes liñas de actuación:

a) Liña A. Axuda ao alugamento de vivenda a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento ou do 50 % no caso de persoas beneficiarias maiores de 65 anos.

b) Liña B. Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: axuda do 50 % da renda mensual destinada a persoas menores de 35 anos.

As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo dun ano e, en todo caso ata o 31 de decembro de 2021. data de remate da vixencia do Plan 2018-2021 .

PERSOAS BENEFICIARIAS

1) Requisitos específicos da liña A: persoas físicas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

2) Requisitos específicos da liña B: persoas físicas maiores de idade e con menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda, que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

3) Requisitos comúns ás dúas liñas de axudas:

  • A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.

  • Que a vivenda arrendada constitúa  a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda. Deben constar todos empadroados na dita vivenda na data da presentación da solicitude.da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda.

  • Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere os importes establecidos no artigo10 da orde. No caso de vivendas situadas no Concello de Rianxo o importe é de 300 €/mes.

  • Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM (1.129.80€). Este límite incrementarase no caso de  familia numerosa ou  cando este formada pde persoas cunha  de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas, mentres que o límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade (2).

  • Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.

  • Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

  • Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia non estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.

4) Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a seguir se indican:

  • Ser propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.

  • Que teña parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.

  • Que sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.

  • Que sexa inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.

  • Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao abeiro de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 201-2021. Exceptúanse deste suposto as persoas que xa non forman parte da unidade de conivencia da persoa beneficiaria da axuda.

EFECTOS ECONÓMICOS

As axudas de ambas as dúas liñas terán carácter retroactivo nos seguintes termos:

  • Naqueles casos en que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro de 2021, a axuda terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2021.

  • Para os contratos asinados entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de prestación da solicitude, a axuda terá efectos desde a data en que comecen os efectos económicos do contrato.

A persoa interesada debera optar por unha das dúas liñas de axuda. De seleccionar as dúas, tramitarase pola liña A. De non seleccionar ningunha das dúas liñas, a solicitude non será admitida, ao ser un campo obrigatorio. Só se admitirá unha única solicitude por cada unidade de convivencia. No caso de contratos de alugamento asinados por máis dunha persoa da unidade de convivencia, só se poderá conceder unha única axuda polo dito contrato.

DOCUMENTACIÓN

  • Solicitude (Anexo I).

  • Anexo II, declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante.

  • Contrato de alugamento da vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

  • Xustificante de empadroamento colectivo de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.

  • Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia.

  • Xustificante dos ingresos obtidos no estranxeiro, de ser o caso.

  • De ser o caso, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, se for o caso, no caso das persoas separadas ou divorciadas.

  • Aquelas persoas que na solicitude indiquen que pertencen a algún dos colectivos preferentes especificados, deberán achegar documentación acreditativa da dita situación segundo se recolle nas bases da convocatoria.

As solicitudes que no momento da súa presentación non vaian acompañadas  do contrato de alugamento, do Anexo II e do xustificante de empadroamento colectivo quedarán automaticamente inadmitidas.​​​​​​

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Ata o 30 de abril de 2021 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. A solicitude en modelo impreso deberá dirixirse á área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

MÁIS INFORMACIÓN

 


​​​​​​​Solicitude en formato papel