Servizos Sociais

- Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas  de pagamento único ás familias numerosas para sufragar parte dos gastos de estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de axuda:

  • 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos.
  • 37,50 € por persoa para as menores de 12 anos.

Requisitos:

  • Formar parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo a lexislación vixente.
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter en vigor o título de familia numerosa na data do 29/11/2018.
  • Non superar os 10.500 € anuais de renda per cáptia na unidade familiar.

Lugar de presentación:

  • Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  (https://sede.xunta.gal)
  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social.
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: ata o 29 de novembro de 2018.

Máis información:

Solicitude para presentar en formato papel