Servizos Sociais

- Axudas para o alumnado con necesidades educativas especiais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas para o alumnado con necesidades educativas especiais

O ministerio de Educación, Cultura y Deporte ven de convocar axudas para o alumnado con necesidades educativas específicas.

Normativa:

Resolución do 13 de agosto de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2013-2014. (BOE nº 198 do 19/08/2013)

Obxecto:

Convocar, para o ano 2013-2014 as seguintes axudas individualizadas para alumnos con necesidades educativas especiais:

  1. Axudas directas para o alumnado que presenta necesidade educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta, incluíndo TDAH que necesite atención educativa.
  2. Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave para familias numerosas.
  3. Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para o alumnado con necesidade específica de apoio asociado a altas capacidades intelectuais.

Requisitos:

  • Alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno de conduta grave.:
  • Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta acreditadas polo Equipo de Valoración e Orientación ou por un equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou polo certificado de minusvalía.
  • Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2012. Poderá ser menor de 2 anos se os equipos de valoración certifican a necesidade de escolarización temperá en razón da discapacidade.
  • Estar escolarizado en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos con necesidades educativas especiais.
  • Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos: Educación Infantil ou Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais, programas destinados á obtención dunha cualificación inicial, programas de formación para a transición cara a vida adulta.
  • Ademáis, para obter o subsidio, ser membro de familia numerosa de calquera categoría.
  • Alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a altas capacidades intelectuais:
  • Presentar necesidade específica de apoio educativo asociadas a alta capacidade intelectual acreditadas polo por un equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou o departamento de orientación.
  • Ter cumpridos seis anos de idade a 31 de decembro de 2013.
  • Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos: Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais.

O prazo remata o 30 de setembro.

Máis información e acceso ao trámite.