Servizos Sociais

- Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión

OBXECTO

Axudar ao pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social e, deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia

REQUISITOS

  • Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40% na factura do subministro).
  • Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica.
  • Estar en risco de exclusión social.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

TIPO DE AXUDA

Os gastos subvencionables serán o 50% do importe das facturas de electricidade correspondente á vivenda habitual da persoa solicitante acollida á tarifa de último recurso (TUR) para consumidor vulnerable severo (bono social do 40 %), que estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses antes da data da solicitude e o 30 de novembro de 2022, por unha comercializadora de referencia (COR) que teña asinado un protocolo de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para evitar os cortes de subministración.

A contía da subvención será a cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

  • Preferentemente será por vía electrónica: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal e https://sede.xunta.gal
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 31 de outubro de 2022

MÁIS INFORMACIÓN

  • Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal
  • Teléfonos de información: 981 957 024 e 981 545 574
  • No enderezo electrónico: ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estr. de Tanxil, 12/ 981 860 061 / www.concelloderianxo.ga