Servizos Sociais

- Benestar en Balnearios - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Benestar en Balnearios

O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro do ano 2023. As quendas, terán unha duración de 10 días (nove noites), realizaranse en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido. Ademais inclúe tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  • Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do/a cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que constitúa unha unión estable e de convivencia, para a que non se esixen os requisitos de pensión e idade, dos fillos/as con discapacidade con grao igual ou superior ao 45% ou dunha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

REQUISITOS XERAIS:

Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

  • Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamento termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  • Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitada.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

​​​​​​​Ata o 18 de outubro de 2023.

​​​​​​​

LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta
  • Centro Social do Liceo (Rúa Rinlo, 23. Telf: 881987471)
  • Centros dependentes da Consellería de Política Social
  • Xefaturas Territoriais da Consellería e Política Social
  • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso.
  • Por correo ordinario, en sobre franqueado sen certificar.

MAIS INFORMACIÓN