Servizos Sociais

- Benestar en balnearios 2018 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Benestar en balnearios 2018

O programa convocado pola Consellería de Política Social, contempla o aloxamento en balnearios, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, programa de actividades de animación sociocultural e póliza colectiva de seguro turístico. As quendas teñen unha duración de 10 días e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2018.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55, e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social.
  • Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
  • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á convivencia  nin enfermidades transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para levar os tratamentos termais.

ACOMPAÑANTES:

A persoa solicitante poderá ir a compañada de:

  • O seu ou a súa cónxuxe, parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia análoga a conxugal.
  • Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que cumpra todos os requisitos agás o da idade.
  • Unha persoa coa cal desexe participar, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

PRESENTACIÓN  DA SOLICITUDE E MÁIS INFORMACIÓN:

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo.
  • Preferiblemente  por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

  • Para as quendas dos meses de maio e xuño ata o día 16 de maio.
  • Para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o día 31 de maio.

Programa Balnearios 2018

Solicitude e anexos para a presentación en formato papel