Servizos Sociais

- Bono coidado - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono coidado

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

Tipo de axuda

Unha achega económica (de contía variable en función da renda per cápita da unidade familiar) para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos:

  • Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
  • Enfermidade da persoa coidadora habitual.
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
  • Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.

Contía da axuda

Estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

  • Ata 3.750€: 14 €/hora.
  • Superior a 3.750 e ata 7.500€: 11 €/hora.
  • Superior a 7.500 e ata 10.000€: 9 €/hora.
  • Superior a 10.000 e ata 13.500 € our superior dentro dos límites establecidos para poder ser beneficiaria: 7 €/hora.

Persoas beneficiarias

Pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  • Ter unha nena ou un neno nacido/a con posterioridade ao 31 de decembro de 2005 respecto da anualidade 2017 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 respecto da anualidade 2018.
  • Que a renda da unidade familiar, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita.
  • Ademais, as persoas beneficiares teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Período subvencionable

Entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018. A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presenta a documntación correspondente e concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado; un máximo de 20 horas corresponderá á anualidade 2017 e de 60 horas á anualidade 2018. O número total de horas concedido incrementarase un 15% por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a seguinte documentación:

  • Solicitude de pagamento (anexo III).
  • Facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados, onde conste o día e hora/s en que se prestou o servizo.
  • Xustificante bancarios que acrediten o pagamento da factura.
  • Xustificante documental da situación puntual que dá dereito á percepción da axuda: xustifiante médico de enfermidade do/da neno/a, da persoa coidadora habitual ou do cónxuxe ou parella e de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade; certificado de asistencia a entrevistas de traballo ou cursos de formación; certificado de empresa acreditativo do motivo de carácter laboral que impide o coidado do/da neno/a ou declaración responsable e documentos de alta censual e de alta na Seguridade Social para o caso de traballadores/as autónomos/as.

Prazo de presentación: ata o 30 de abril de 2018

Lugar de presentación

  • A través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social.
  • Opcionalmente tamén se poderá presentar o formulario de solicitude en soporte papel nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro.

Máis información

  • Nos seguintes enderezos web: http://sede.xunta.es 
  • Servizos Sociais Comuntarios Básicos: www.concelloderianxo.gal / servizossociais@concelloderianxo.gal