Servizos Sociais

Proxecto de loita contas as violencias de xénero.  Proxecto creativo e comunitario de apropiación do espazo e creación de pingas - Cambio de lugar- Na Biblioteca Municipal Enchemos as rúas de PINGAS DE LUZ - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Cambio de lugar- Na Biblioteca Municipal Enchemos as rúas de PINGAS DE LUZ

Proxecto de loita contas as violencias de xénero.  Proxecto creativo e comunitario de apropiación do espazo e creación de pingas

Este xoves 17 de novembro, na Biblioteca Municipal, a Asociación Avoar retomará o proxecto de “Pingas de Luz”.

Nel presentarase publicamente o proxecto de recollida e visibilización de feitos concretos de violencias de xénero en distintos eidos sociais do Concello de Rianxo entres os anos 2018 e 2019 e o propósito de continuidade do mesmo na actualidade.

Explicaranse as tipoloxías de pingas que existen e a importancia da súa visibilización no espazo publico. Finalmente haberá un parte práctica, na que se buscará identificar unha imaxe física para as pingas.