Servizos Sociais

- Campus Familia: Escola de Crianza para nais e pais, coidadores e coidadoras - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Campus Familia: Escola de Crianza para nais e pais, coidadores e coidadoras

Dende a concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade ponse en marcha o CAMPUS FAMILIA, unha escola de crianza para nais e pais, coidadores e coidadoras.

Tratarase de acompañar ás familias no seu proceso de mellora e aprendizaxe de novas ferramentas para unha crianza e educación consciente, responsable e satisfactoria: impulsando o crecemento.

As e os participantes serán capaces de:

- Xerar estratexias para afrontar situacións concretas ou solucionar problemas, desenvolvendo a capacidade de xerar respostas de éxito.

- Tomar conciencia sobre as necesidades de relación familiar, así como dos puntos fortes e áreas de mellora de cada familia.

- Desenvolver habilidades implicadas nunha convivencia satisfactoria.

- Atopar recursos, respostas e solucións para cada situación concreta.

- Tomar decisións de forma áxil e proactiva, seleccionando a mellor opción das posibles.

- Utilizar técnicas ou estratexias para xestionar o estrés e as emocións.

- Responder con rapidez aos cambios, adaptarse e priorizar metas.

- Compartir momentos de aprendizaxe, creatividade e intelixencia emocional en familia.

- Descubrir novas fórmulas de comunicación máis efectivas.

- Comunicarse con maior claridade e precisión.

- Descubrir os beneficios de investir tempo e esforzo na mellora da vida familiar.

- Manexar eficientemente as emocións propias e a reacción das outras persoas en relación a ti.

 

Ata o 14 de xaneiro pódese inscribir no Rexistro Xeral do Concello. As prazas son limitadas polo que se serán selecionadas por orde de inscrición.

A actividade realizarase os sábados dende o 23 de xaneiro ata o 11 de xuño en horario de 11:30 a 13:00 horas.

 

Máis información:

Servizos Sociais Comunitarios Básicos. (crta. de tanxil, 12)

981860061 ou 667185588

formulario de inscrición